REFLEXIÓN INDIVIDUAL MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL
Na recta final do Posgrado Experto/a en Orientación Laboral, debo dicir que
este terceiro módulo foi, sen dúbida algunha, o que máis me gustou e o que
realmente ten que ver coas funcións dos orientadores/as laborais. A verdade é
que me "soubo a pouco" esta última parte. Penso que se lle debería
haber adicado máis tempo, dado que parece que "pasou voando".
Tema 11: O traballo do orientador laboral I: Intermediación laboral
Aquí vimos os Modelos de Intervención en Orientación Laboral, as tendencias
actuais da Orientación Profesional na Unión Europea, os principios nos que debe
basearse a Orientación Laboral, Igualdade e Inclusión social, actuacións para a
mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade, perfil do orientador
laboral e o proceso de orientación e inserción laboral en persoas con
discapacidade sendo conscientes da necesidade de integración destas persoas.
Tema 12: O traballo do orientador laboral II: Itinerarios de inserción
Neste tema vimos a necesidade dun modelo de orientación laboral nos
itinerarios. Na normativa española máis recente sobre formación e emprego,
o concepto de itinerario aparece ligado á inserción sociolaboral dos colectivos
con maiores dificultades, pero aparece tamén, por primeira vez, como un
concepto de utilidade con relación á poboación desempregada en xeral (fálase de
itinerario individualizado de inserción laboral para previr o desemprego de
longa duración) e asociado á formación dos traballadores en xeral (itinerario
formativo).
Tema 13: O traballo do orientador laboral III: Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
Falamos da Entrevista de orientación laboral (tipos de entrevista,
expresións, partes da entrevista,...), entrevista de selección por
competencias, a orientación laboral na Unión Europea. O que máis me chamou a
atención foron as diferenzas entre os países, así como o peso que ten a
entrevista.
Tema 14: O traballo do orientador laboral IV: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
Vimos aquí a análise de postos de traballo (listar fontes onde buscar
información, buscar e recoller información pertinente, análise funcional e
transferencia de competencias), novos perfís profesionais, prospección
empresarial (fases de prospección, fontes de información para a prospección). A
análise dos postos de traballo é unha función indispensable para ver cal é o
perfil e as competencias necesarias que debe posuír o candidato ao posto.
Tema 15: O traballo do orientador laboral V: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego
Falamos aquí das Técnicas e ferramentas de emprego (proceso de selección,
canles de procura de traballo, Currículo e carta de presentación, entrevistas
de selección, probas de selección, psicotécnicos, dinámicas grupais,.....),
networking, recursos para o autoemprego (Igape, Consellería de Traballo,
Consello Galego de Cooperativas, rede eusumo,....). O obxectivo principal
das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que o/a demandante coñeza os
instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar
unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como
dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de
selección con maiores posibilidades de éxito.
Tema 16: O traballo do orientador laboral VI: O Plan de Empresa
Vimos aquí o estudio de mercado (actividade da empresa, coñecer cal e
como é o mercado no que vai operar a empresa, como vender, fontes de información),
a análise DAFO, as variables da mercadotecnia ( o producto/servizo, prezo, a
distribución, a comunicación), a segmentación do mercado e a estratexia (a
segmentación do mercado, liderado en custos, diferenciación, especialización),
a previsión de vendas, análise económico-financieira dun proxecto empresarial.
Este tema está centrado en todos aqueles desempregados que teñan unha visión emprendedora, que desexen montar o seu
propio negocio. Para elo deben coñecer cales serían os puntos fortes e débiles
da empresa, a súa competencia, os seus posibles clientes, as vendas estimadas,
a marxe comercial..... Para este tema, existen os Axentes de Desenvolvemento Local que están para asesorar e axudar co Plan de Empresa e ver a rendibilidade do proxecto en cada Concello. Tamén existen técnicos na Deputación que teñen esta mesma labor.