Getting Job

martes, 23 de septiembre de 2014

Habilidades Sociais no proceso orientador





Boas tardes a todos/as:

O mundo da Orientación Laboral foi unha inquietude que tiven dende sempre, inda que nunca desempeñei un cargo tal. Pero foi fai uns anos, cando traballaba nunha asociación de empresarios cando dalgunha forma vin que "podía valer para isto". É por iso, que quero facervos partícipes das dúas historias que me fixeron redireccionar o meu camiño profesional. 

    Unha delas foi que un día pasaron pola oficina dúas rapazas. Viñan de preguntar en varios centros para que as aconsellasen e lle dixesen onde podían entregar os seus Currículos, inda que polo que me comentaban, sen moito éxito. Claro está, as miñas tarefas non eran esas. Adicábame ao asesoramento de empresarios, información sobre convenios colectivos, subvencións, eventos .... co cal a situación pilloume de improviso, pero vendo os estudos realizados cada unha delas, funlle dicindo todo aquilo que pensaba que podía ser de utilidade para aquelas mozas. Cando acabei de dicirlles todo o que cría lles podía ser de axuda, agradecéronmo moitísimo chegándome a dicir que en ningún dos sitios ós que acudiran lle dixeran tantas cousas e foran tan claros. Non o podía crer!! ¿Como podía ser que non tendo formación nese campo lle foran de máis utilidade as catro "tonterías" que lles comentara? O que estaba claro é que algo fallaba......

 A segunda historia foi unha rapaza que viña de Cogami. Estaban buscando a firma de convenios con empresas para poder colocar a usuarios da súa entidade. Nese momento, na asociación non era posible dado que xa tiña en prácticas unha rapaza dun ciclo, pero ó igual que coas rapazas anteriores pois pensei que entidades ou empresas poderían establecer un convenio con eles. Preto de dous meses máis tarde, volveuse pasar por alí aquela rapaza e veu darme as gracias, porque xustamente unha das entidades que lles comentara lles collera unha persoa. Claro está que me sentín moi contenta porque aquela rapaza tamén o estaba, fora capaz a axudala. Foi moi gratificante ver esa alegría, moito mellor que cumplir cuns obxectivos económicos dunha empresa.

Comecei a pensar entón, que o mellor podía desenvolver esa función de "guía" axudando aos demais. Dinme de conta, que sen a formación específica en dito ámbito, fora capaz a "asesorar, orientar" a esa xente. Co cal, o "saber" (coñecementos) está moi ben, pero sen o "querer facer" (actitudes) non imos a ningures. É por iso, que estou formándome para ter coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes para ter as armas necesarias e poder desenvolver a miña carreira profesional neste ámbito.

¿Podedes intuir cales serán as palabras escollidas na nube de etiquetas?


As palabras escollidas foron as seguintes: 
empatía                              asertividade               positivismo             liderazgo                    equipo         habilidades sociais             comunicación            cooperación            actitudes               motivación       intelixencia emocional       escoita activa

¿ Por que estas palabras?

Porque entre o orientador e o usuario do servizo ten que fluir unha boa comunicación, debendo empregar a intelixencia emocional e as habilidades sociais tales como a asertividade, empatía, escoita activa..... empregando para elo as actitudes adecuadas, facéndoo con ganas, motivando sempre a dito usuario e facendo que este sexa optimista e positivo cara as súas metas.

Claro está que esta non é labor dunha soa persoa, ten que haber cooperacións entre os distintos servizos, porque traballando en equipo é como mellor se logran os resultados.

Unha frase que me gusta moito, para resumir o que quero dicir é a seguinte:

" La habilidad para tratar con la gente no se puede comprar, pagaré más por esa habilidad que por ninguna otra"
Rockfeller

No hay comentarios:

Publicar un comentario