Getting Job

jueves, 6 de noviembre de 2014

A miña entrada como firma invitada: Centros Especiais de Emprego

Centros Especiais de Emprego

        




Normativa aplicable a Centros Especiais de Emprego


   

¿Qué son?

Os centros especiais de emprego son aqueles que realizan un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións de mercado e que teñen por finalidade a integración das persoas con discapacidade ao réxime de traballo normal, asegurando un emprego remunerado á vez que e a prestan os servizos de axuste persoal e social que requiran estes traballadores. A súa estrutura e organización será similar ás das empresas ordinarias.

Consideraranse como traballadores con discapacidade, aquelas persoas que teñan recoñecido polo órgano competente (EVO) un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % .

O cadro de persoal dos centros especiais de emprego debe estar constituído polo maior número de persoas traballadoras con discapacidade que permita a natureza do proceso produtivo e, en todo caso, polo 70% daquel, sen ter en conta o persoal sen discapacidade dedicado aos servizos de axuste persoal e social.


Estes servizos  de axuste persoal e social fan referencia os servizos de  rehabilitación, terapéuticos, de integración social, cultural e deportivos que procuren ás persoas traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e unha mellor adaptación da súa relación social.

Polo tanto, os CEE son empresas que teñen como obxectivo proporcionar ás persoas con discapacidade a realización dun traballo productivo e remunerado, axeitado as súas características personais e que facilite a súa integración no mercado laboral.

Características
ü        Economicamente estes “centros” son empresas, na medida en que están dirixido sa intervir no mercado de ben se servizos.
ü        Teñen como finalidade asegurar un traballo remunerado para as persoas con discapacidade que traballen neles, e a posible prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran estes.
ü        Son empresas con forma xurídica variada xa que o seu titular pode ser calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, incluso comunidade de bens coa soa esixencia de ter capacidade xurídica e de obrar para ser empresario:sociedades mercantís, asociacións, fundacións, etc.
ü        Ó menos o 70% da súa plantilla ten que estar formada por traballadores con un grado de discapacidade igual ou superior ó 33%.
ü        Estes centros son concebidos como un medio de integración para as persoas con discapacidade no mercado laboral.

Prema na seguinte imaxe e poderás ver un vídeo sobre CEE





Creación de Centros Especiais de Emprego

A posta en funcionamento ou o recoñecemento dos centros especiais de emprego, requirirá autorización administrativa e inscrición no rexistro administrativo especial, que será outorgada pola dirección xeral competente en materia de relacións laborais, previa solicitude do interesado e acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente.
No caso da nosa comunidade Autónoma, os interesados na creación deste tipo de centros deberán dirixir unha solicitude á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo solicitando a autorización e inscrición do centro no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.

 No seguinte enlace podedes ver o modelo de solicitude e documentación que se ten que adxuntar para solicitar a creación destes centros:
Modelo solicitude  

Deberan cumprir os seguinte requisitos e circunstancias:

  1. Acreditar a personalidade do titular do centro.
  2. Xustificar mediante o oportuno estudio económico as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro, en orde ao cumprimento dos seus fins.
  3. O seu cadro de persoal debe estar constituído por traballadores con discapacidade, en porcentaxe non inferior ao 70 % sobre o total, con contrato laboral formalizado por escrito conforme á normativa reguladora da relación laboral de carácter especial.
  4. Prever a integración do persoal técnico e de apoio coa titulación profesional adecuada que a actividade do centro precise no seu cadro de persoal.
  5. As persoas con discapacidade que integren o cadro de persoal deben prestar servizos dun xeito adecuado á súa capacidade de traballo e de maneira que as súas posibilidades de integración sexan reais e efectivas.
  6. O centro deberá contar cunha estructura e organización empresarial propia, independente e debidamente diferenciada doutras actividades do titular ou de persoas vinculadas por calquera título a este.





A continuación podedes visualizar un scoop.it realizado por min sobre Centros Especiais de Emprego que vos pode ser de utilidade e interese, para elo prema na imaxe da esquerda.










Axudas

 Estes Centros poden solicitar varios tipos de axudas económicas , como por exemplo:

Subvencións ás unidades de apoio profesional nos centros especiais de emprego



Destacar como curiosidade que existe unha Asesoría Virtual de Centros Especiais de Emprego que ten como obxectivo orientar sobre normativas, axudar en canto a realización de trámites, facilitación de acceso a modelos orientativos, etc.



Finalmente quero agradecer a tódalas compañeir@s que compoñen o grupo GETTING JOB por invitarme o seu blog. Espero que vos sexa de interese a miña pequena aportación sobre os Centros Especiais de Emprego. GRACIAS!!! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario