Getting Job

viernes, 28 de noviembre de 2014

Reflexión Marco Instrumental Módulo 3

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL

Na recta final do Posgrado Experto/a en Orientación Laboral, debo dicir que este terceiro módulo foi, sen dúbida algunha, o que máis me gustou e o que realmente ten que ver coas funcións dos orientadores/as laborais. A verdade é que me "soubo a pouco" esta última parte. Penso que se lle debería haber adicado máis tempo, dado que parece que "pasou voando".

Tema 11: O traballo do orientador laboral I: Intermediación laboral

Aquí vimos os Modelos de Intervención en Orientación Laboral, as tendencias actuais da Orientación Profesional na Unión Europea, os principios nos que debe basearse a Orientación Laboral, Igualdade e Inclusión social, actuacións para a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade, perfil do orientador laboral e o proceso de orientación e inserción laboral en persoas con discapacidade sendo conscientes da necesidade de integración destas persoas.

Tema 12: O traballo do orientador laboral II: Itinerarios de inserción

Neste tema vimos a necesidade dun modelo de orientación laboral nos itinerarios. Na normativa española máis recente sobre formación e emprego, o concepto de itinerario aparece ligado á inserción sociolaboral dos colectivos con maiores dificultades, pero aparece tamén, por primeira vez, como un concepto de utilidade con relación á poboación desempregada en xeral (fálase de itinerario individualizado de inserción laboral para previr o desemprego de longa duración) e asociado á formación dos traballadores en xeral (itinerario formativo).

Tema 13: O traballo do orientador laboral III: Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións

Falamos da Entrevista de orientación laboral (tipos de entrevista, expresións, partes da entrevista,...), entrevista de selección por competencias, a orientación laboral na Unión Europea. O que máis me chamou a atención foron as diferenzas entre os países, así como o peso que ten a entrevista.

Tema 14: O traballo do orientador laboral IV: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego

Vimos aquí a análise de postos de traballo (listar fontes onde buscar información, buscar e recoller información pertinente, análise funcional e transferencia de competencias), novos perfís profesionais, prospección empresarial (fases de prospección, fontes de información para a prospección). A análise dos postos de traballo é unha función indispensable para ver cal é o perfil e as competencias necesarias que debe posuír o candidato ao posto. 

Tema 15: O traballo do orientador laboral V: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego

Falamos aquí das Técnicas e ferramentas de emprego (proceso de selección, canles de procura de traballo, Currículo e carta de presentación, entrevistas de selección, probas de selección, psicotécnicos, dinámicas grupais,.....), networking, recursos para o autoemprego (Igape, Consellería de Traballo, Consello Galego de Cooperativas, rede eusumo,....). O obxectivo principal das técnicas e ferramentas de acceso ao emprego é que o/a demandante coñeza os instrumentos e adquira as habilidades necesarias que lle posibiliten realizar unha procura de emprego de forma activa, organizada e planificada, así como dispoñer dos recursos teórico prácticos básicos para afrontar os procesos de selección con maiores posibilidades de éxito.

Tema 16: O traballo do orientador laboral VI: O Plan de Empresa

Vimos aquí o estudio de mercado (actividade da empresa, coñecer cal e como é o mercado no que vai operar a empresa, como vender, fontes de información), a análise DAFO, as variables da mercadotecnia ( o producto/servizo, prezo, a distribución, a comunicación), a segmentación do mercado e a estratexia (a segmentación do mercado, liderado en custos, diferenciación, especialización), a previsión de vendas, análise económico-financieira dun proxecto empresarial. Este tema está centrado en todos aqueles desempregados que teñan unha visión emprendedora, que desexen montar o seu propio negocio. Para elo deben coñecer cales serían os puntos fortes e débiles da empresa, a súa competencia, os seus posibles clientes, as vendas estimadas, a marxe comercial..... Para este tema, existen os Axentes de Desenvolvemento Local que están para asesorar e axudar co Plan de Empresa e ver a rendibilidade do proxecto en cada Concello. Tamén existen técnicos na Deputación que teñen esta mesma labor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario