Getting Job

jueves, 6 de noviembre de 2014

ENTRADA COMA FIRMA CONVIDADA




          ATOPAR UN EMPREGO... A PARTIR DOS 45 ANOS
          MISIÓN IMPOSIBLE?

          Rocio Trastoy Garcia

        Todas e todos coñecemos a persoas que se quedaron sen emprego rozando ou superando os 45     anos. Estes poden ser algún deses casos.

        Z.Z.Z,  46 anos, traballou na mesma empresa durante 20 anos.
        Y.Y.Y.  50 anos, traballou desde os 16 anos, leva 5 anos sen emprego.
        X.X.X,  48 anos, leva desde o 2007 sen emprego.




     

  O mercado laboral actual, esta obligando a moitas persoas a buscar emprego, algunhas levan anos sen traballar cando tiñan un traballo estable. 

       Algunhas das  recomendacións que lles dariamos serían as seguintes:

-          Actitude: Positiva. Sendo realista. Non é imposible pero si difícil. Manter a confianza nun mesmo.. E actitude proactiva: non quedarse inactivo, buscar o cambio.
-          Flexible.
-          Reciclarse / Formarse. Manterse actualizado nas novas tecnologías asi coma no seu sector.
-          Expandir a rede de contactos.
-          Ter presencia nas redes.
-          Definir obxetivos.


      As oportunidades para a inserción laboral van diminuindo coa idade. As empresas din valorar a experiencia pero por outra banda, priorizan a persoas máis novas. 
      Todas e todos nós vemos moitas ofertas que van dirixidas a persoas menores de 35 anos.
      Obter o primeiro emprego é complicado porque non tes experiencia, e acadar un traballo con máis de 45 anos é misión case imposible.
      As persoas novas co tempo ao final acaban atopando emprego. 
      Neste momento, lembrome de moi poucas persoas que con 50 anos ou máis acadasen un emprego. 

     Personalmente creo que unha persoa con 50 anos, ten moito que ofrecer ao mercado laboral. É un gran erro que as empresas non aproveiten esa experiencia. Non entendo porque as empresas son reacias a contratalas. 

Por qué é tan díficil?
Son axeitadas as políticas de emprego?
Son suficientes os recursos? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario