Getting Job

jueves, 30 de octubre de 2014

Curación de Contidos

Somos unha sociedade marcada polo uso das novas tecnoloxías e cada vez máis dependentes delas en tódolos ámbitos da nosa vida, de tal xeito que se foron incorporando "a traición" e modificando as nosas dinámicas persoais, sociais, laborais, etc.

O seu uso está tan extendido e integrado na nosa vida diaria que o mundo virtual se fai imprescindible no noso día a día. A creación de contidos na rede medra tan rápido que non somos capaces de abarcar todo aquilo que nos interesa.
Isto provoca unha saturación de información a que temos acceso e dificulta a inmediatez que demandamos. Vivimos sumerxidos nunha crecente infoxicación.





Pero así como se crean cada vez máis contidos na rede, tamén hai cabezas pensantes que viron a necesidade de establecer filtros para poder manexarnos nesa intrincada madexa que cada segundo se lía máis.
Creáronse deste xeito canles que facilitan acceder a aquela información que nos interesa. A forma de optimizar e dar valor engadido á información realízase a través da chamada curación de contidos:
   

Existen unha gran variedade de ferramentas que xestionan estes contidos e cada día aparecen novas. Neste caso centrarémonos en dúas das máis utilizadas e que teñen unha forma moi diferente de ofrecernos a información.


FEEDLY
 
Esta ferramenta é un lector de  RSS, formato XML para compartir contido na web e que nos permite acceder directamente a dita información, sen ter que visitar tódalas páxinas que a conteñen individualmente. Permítenos facer un seguimento directo de todas aquelas páxinas que son do noso interese mostrando as novidades que publican periódicamente. Ten similitudes co antigo Google Reader, xa desaparecido.


SCOOP.IT


  Outra ferramenta de curación de contidos, cun formato máis parecido a un blogue que nos permite crear contidos propios ou compartir os doutras webs. Podemos crear ata cinco 'topics' ou temas e dentro dos cales engadir a información de interese que queiramos, coa opción de editala e comentala. Ofrécenos a opción de crear comunidades e achegarnos a outras con contidos afíns.


Eu sen dúbida quédome con Feedly para a xestión da información a nivel persoal e profesional, porque se adapta mellor ás miñas necesidades.
Non dexan de ser calquera delas e outras moitas das existentes ferramentas moi interesantes que nos facilitan o acceso á información na rede.


No hay comentarios:

Publicar un comentario