Getting Job

lunes, 13 de octubre de 2014

Marco Conceptual Certificados de profesionalidade




REFLEXIÓN GRUPAL CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Para a acreditación de competencias necesítase valorar tanto a formación adquirida como a experiencia laboral o longo da vida tendo que cumprir unha serie de requisitos bastante exisentes que intentan adaptarse o maior número de situacións que poidan darse, sempre cunhA VALORACIÓN o máis eficaz posible, seguindo un procedemento de FASES acompañadas por un tutor que o acompaña o longo do proceso, mediante a aportación de probas e dos documentos necesarios nas que se trata de conseguir un resultado adecuado o nivel requerido nun listado de Certificacions.

Este sistema concebiuse para poder mellorar na búsqueda de emprego e lograr un mellor futuro laboral e POR EN VALOR o traballo de moitas persoas que carecen da titulación pero que sin embargo teñen experiencia dabondo e que agora  POR FIN poderáse ver recompensado e dar frutos.
O papel do orientador é imprescindible para informar a todas éstas persoas que cumpllan os requisitos para aplicarlle o proceso-


Nun mercado laboral con cada vez menos oportunidades de inserción laboral, con cada vez máis persoas en busca de emprego e coa precariedade laboral que acompaña ás poucas ofertas de traballo que se presentan, unha posibilidade de ampliar as posibilidades de retorno ao mercado de traballo é a través da cualificación profesional.

Isto pode acadarse por medio do acceso á Formación Profesional ou á acreditación das competencias que xa posuímos derivadas da experiencia laboral previa, pero que non está acompañada dunha titulación.
Estamos ante un tema moi complexo onde os profesionais adicados á tarefa de orientación laboral debemos ter un coñecemento en profundidade para poder informar e asesorar das posibles vías de acreditación ou pasos a seguir pola persoa nesta modalidade.



A gran dificultade reside, se nos centramos en Galicia, en dous factores clave: o elevado número de persoas sen formación mínima para cumprir os requisitos de acceso a calquera das dúas vías e as escasas oportunidades de acceso a accións formativas que permitan acadar os mínimos esixidos.


A isto tamén hai que engadir un aspecto de suma importancia, como é a exclusión territorial, extremadamente condicionante á hora de igualar as oportunidades para todas aquelas persoas que queiran acollerse a esta vía.


Tendo en conta a idade das persoas en situación de desemprego e a necesidade dunha reciclaxe profesional nun elevado número de casos, as cada vez máis escasas accións formativas ás que poden ter acceso, ofertadas dende os programas de formación para persoas en situación de desemprego (sen entrar a valorar o feito de que a oferta formativa debería revisarse para adecuarse á situación do mercado de traballo e á busca de novos xacementos de emprego) e a elevación dos requisitos formativos para acceder ás mesmas (unha persoa precisa dun Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para facer un curso de Informática Básica, por poñer algún exemplo), provocan que a maioría se queden nesa 'terra de ningúen', onde a oportunidade de regreso ao mundo laboral cada vez se alonxa máis.


É positivo o feito de que aquelas persoas poidan obter un recoñecemento á súa labor profesional desenvolvida durante anos adquirindo os coñecementos a través da experiencia, ben porque no seu momento non había oferta formativa relacionada con dita actividade ou porque non se realizou previamente a formación precisa para o seu desempeño..


Sen embargo é deber das administracións deseñar as accións e poñer as medidas necesarias para que se poidan beneficiar o maior número de persoas, que no momento actual non parece ser o caso.


A pesar da importancia dos Certificados de Profesionalidade, dos esixentes requisitos de acceso tanto para os docentes coma para os participantes en ditas accións formativas, na súa meirande parte o entramado empresarial non coñece a existencia destes, polo que é máis que evidente que algo falla en dito proceso de transferencia dende a Administración ata o empresariado, e ata o público en xeral.


Engadir tamén, que a pesares destes estrictos requisitos de acceso, por exemplo, para acceder a un Certificado de Profesionalidade de Nivel 3, supoñamos Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría, entre outros esixese ter o Título de Bachiller, sen ter coñecementos previos en dita materia, o que fai que na maioría dos casos non se imparta todo o temario que establecen ditos certificados de profesionalidade por atoparse participantes de moi diversos niveis en dita materia.
esa rectitude na súa entrada esfúmase á hora da impartición, causando desavenencias, en ocasións, en ditas accións formativas entre os propios participantes por uns “querer máis” e os outros sentirse “fora de lugar”.


Sendo a finalidade dos certificados de profesionalidade a de acreditar os coñecementos formativos e profesionais, con eles se facilita o acceso o emprego e a inserción no mercado de traballo de colectivos que de outra banda non poderían acreditar a súa formación, coñecementos e experiencia laboral.
Asimismo, tamén dan a posibilidade de promoción e mellora de emprego a todas aquelas persoas que así o desexen.

Para ampliar información acerca dos certificados de profesionalidade pincha aqui




No hay comentarios:

Publicar un comentario