Getting Job

viernes, 31 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MARCO PERSOAL MÓDULO 2


REFLEXIÓN MARCO PERSOAL MÓDULO 2

Neste módulo 2, ecuador do Posgrao, comezabamos de cheo coa orientación laboral propiamente dita, sendo as materias tratadas: A orientación laboral e as competencias desta, a importancia do Desenvolvemento de competencias comunicativas e Habilidades e competencias Sociais.
Comezamos aquí tamén a ver que era eso da web 2.0, e como se podía aplicar ó mundo da orientación laboral, así como as competencias dixitais aplicadas á orientación laboral.

A pesar de manexar a cotío estas ferramentas, teño que recoñecer que algunha delas non as coñecía. Si era usuaria de Facebook, Linkedin e Google +, sen embargo, eran totalmente descoñecidas About.me, Feedly (inda que coñecía o do lector RSS) e incluso nalgún momento cheguei a ter un blog ……

Había outras ferramentas, por exemplo, Twitter que me negaba a traballar con ela porque non lle vía utilidade algunha, ata que este ano nunha acción formativa unha compañeira desta, me comentou como a súa orientadora laboral lle explicara a utilidade do Twitter e como podía facer as súas búsquedas de emprego… así como tamén unha páxina na que podía facer o seu Cv 2.0.

Agora mesmo, despois deste segundo módulo, e ver que existen máis ferramentas e a utilidade destas, de seguro que algunha delas, a vou aplicar a miúdo, sobre todo Feedly, xa que ata agora tiña páxinas e páxinas en Marcadores que só as miraba o primeiro día que as atopaba quedando para sempre no olvido por falta de tempo basicamente.

Moitas veces a non utilización destas ferramentas ten que ver co descoñecemeno, co uso que se fai de todas elas, se somos uns “adictos” ás redes sociais, ou pola contra somos uns expertos xestores destas, ¿onde está o límite?


Tamén é certo, que xestionar todas estas ferramentas require de moito tempo, cousa que non sempre é posible…… (da infoxicación falarei no post de Curación de Contidos, así como as solucións para elo).
De todas formas, a pesar de que agora lle poidamos ver utilidade, de seguro que algunha delas, acaba caendo de novo no olvido. Ademais, inflúe e moito a localización da oficina de orientación, dado que nunha vila que por exemplo, priman os sectores primarios, como agricultura, gandeiría e pesca…. A ver quen lle explica o que é o Linkedin e como pode empregalo para a a búsqueda de emprego….. 

Tódolos días se está a falar da importancia de ter un perfil nas redes sociais, de coidar ese perfil, de ter coidado coas fotos, de Cv 2.0, de Videocv,…… e ¿como poder ser, que haxa 2 mundos tan dispares onde uns apenas sepan premer un ordenador, e outros non vivan sen conexión a Internet???
Por tanto, a utilización destas ferramentas está condicionada en maior ou menor medida pola localización do servizo.

Tamén é moi importante neste proceso, e non só no proceso de orientación, de guía, senón en tódalas facetas da vida, xa que é tan importante o que se transmita coma o como se trasnmita. 

Existen erros na comunicación, pode que a canle non sexa adecuada, ou que a linguaxe verbal sexa contraria á linguaxe non verbal. 

No seguinte vídeo, vemos un exemplo de como existe un erro na comunicación, como o emisor debería cerciorarse de que se entendeu a mensaxe e non pasen cousas como esta:



No hay comentarios:

Publicar un comentario