Getting Job

martes, 28 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MODULO 2

REFLEXIÓN MÓDULO 2

A ORIENTACIÓN LABORAL é intervir na dificultade que para unha persoa sexa atopar traballo, mantelo ou progresar axudando a persoa na adquisición das competencias necesarias, mediante a intervención para aumentar a súa empregabilidade ou capacidade para ás novas esixencias que require o mundo do traballo.

A orientación e a docencia é imprescindible acompañalas co uso das tecnoloxías da información e a comunicación e a Web 2.0.
O perfil dun bó orientador é que ten que xestionar a información, saber traballar con individuos, traballar con grupos, intermediación laboral, seguimiento, coordinación con outros servicios e institucións e xestión de servizos.
As principais competencias do Orientador son as habilidades sociais, o coñecemento da lexislación, dominio da metodoloxía didáctica, traballo cooperativo, dominio de técnicas de psicología, análise da situación e axuda na toma de decisións, análise de perfís profesionais e prospección de emprego e actualización permanente, manexo das tecnoloxías da información e comunicación e deseño de programas de inserción laboral.

O COACHING é un método que tamén nos pode axudar a instruir e adestrar a unha persoa ou grupo co obxectivo de conseguir algunha meta ou desenvolver habilidades específicas.

El desenvolvemento das competencias comunicativas : O que se quere dicir, o que se sabe dicir, o que se di, O que se oe, O que se escoita, O que se comprende, O que se acepta, O que se retén, O que se pon en práctica., sería o ideal.


Debemos aplicar os tipos de comunicación e ter presentes as barreiras da comunicación e utilizar as técnicas de comunicación eficaces ESCOITA ACTIVA,os pasos a seguir para un bo proceso de comunicación son PLANIFICAR, FACER, CONTROLAR E CORRIXIR.
As HABILIDADES SOCIAIS  son “un conxunto de condutas emitidas por un individuo nun contexto unipersonal que expresa actitudes, desexos, opinións ou dereitos dese individuo dun modo adecuado á situación, respetando esas conductas nos demais e que xeralmente resolve os problemas inmediatos mentras miminiza a probabilidade de futuros problemas”.



As TIC como elemento chave é unha competencia transversal de “obrigado cumplimento” ainda que estamos moi avanzados a pesar de que estudios din que estamos a cola da Unión Europea o crecemento no deixa de ser imparable, tamén en Galicia destaca con respecto a España que somos a comunidade autónoma con maior número de empresas TIC.
Para min e importante o aproveitamento da intelixencia colectiva da web 2.O e tamén que tes a posibilidade de traballar co mesmo servizo dende calquera tipo de dispositivo con conexión a internet.


Destacan os principais espazos e ferramentas das que podemos dispor tanto en redes sociais ( Intercambio valioso de información e contido, conversación sin intermediarios, difusión e fidelización) como e menxasería instantánea e que estas NOVAS FERRAMENTAS se poden aplicar para O EMPREGO.

Tamén debemos coñecer e configurar os nosos intereses para organizar os nosos contidos, APARTALOS OU CURALOS para poder desenvolvelos mellor tanto persoalmente como no traballo diario.

ALMACENAR,ORGANIZAR,ETIQUETAR E COMPARTIR os enlaces mais relevantes na rede e utilizar Apps móbiles que xa estamos a utilizar en maior medida.

Construir unha correcta IDENTIDADE DIXITAL, unha representación dun mesmo que proxectamos en Internet e que se constrúe según a nosa actividade ou a dos demais en relación a nós.

Todo éstas ferramentas fan que procuremos unha estratexia para rastrexar a información adecuada.
E todos temos as nosas estratexias de aprendizaxe e as nosas fontes de información que empregamos para aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario