Getting Job

jueves, 9 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL

Comezaba Setembro, día 1, estabame a embarcar nunha nova “aventura” co comezo do Curso de Posgrado de Especialización en Orientación Laboral
As primeiras preguntas que viñan á miña cabeza eran: ¿Que me atoparei na plataforma? ¿Cales serán os contidos? ¿Serei capaz de levar todo ao día? ….

Ben, pois o que me atopei na plataforma foi una estructuración en 3 módulos, e nestes intres vou facer mención ó primeiro (é o que está rematado)  que está composto por 5 temas, que son os que seguen a continuación:


Tema 1: Marco de Referencia da Orientación Laboral

Neste tema aprendíamos a organización, estructura e competencias que corresponden ao SEPE e ao SPEG. O marco actual das políticas de emprego en España, políticas activas e pasivas de emprego, a Estratexia Española de Emprego 2012-2014, e a Estratexia Europea de Emprego 2.020.

Todos eles son contidos puramente teóricos, pero que sen estas pautas de actuación, de quen ten o poder de actuación, de que materias son competencia da Comunidade Autónoma e cales estatais, ata onde pode traballar o estado español sen a actuación da Unión Europea…. Todo isto, son coñecementos necesarios para poder desenvolver todo o que vai vir despois, polo que considero que a pesar de ser “tostón”, si é moi importante ter coñecementos das políticas e das competencias que lle corresponden a cada un, para saber como e cando, e sobre todo, en que operar.


Tema 2: O Mercado laboral

Aquí viamos que os compoñentes de dito mercado eran a oferta e a demanda de traballo, como se chegaba ó equilibrio, causas e efectos do paro, indicadores do mercado de traballo (EPA), definición de desemprego e tipos, as ocupacións, os observatorios ocupacionais do SEPE, SPEG e europeo, emprego público, privado e emprendemento.

Quizáis polos estudos realizados, a pesares de ser tamén teoría pura e dura non me resultou complexo de entender. Senón todo o contrario, desfrutei moito nesta sesión, a pesar de que na sesión presencial Fernando Agulló comentara que aquí tiñamos “o peor paro de todos”, o paro estructural, e que as políticas que se estaban a aplicar non eran as máis adecuadas….

Todo isto resulta vital para saber que ocupacións son as que teñen un nivel de desemprego maior, cales se manteñen e que outras novas ocupacións están xurdindo e poden ter éxito.


Tema 3: Certificación e Formación Profesional

Aquí estudiabamos as diferencias entre cualificación e competencia, a estructura de cada unha delas, o Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais (SNCFP), O Insituto Galego das Cualificacións, a Acreditación de Competencias e os Certificados de Profesionalidade e a Formación para o Emprego.

Estes contidos son moi importantes para o traballo do día a día dun orientador dado que é moi importante coñecer o que é o Instituto Galego das Cualificacións e cales son as súas funcións, que son os Certificados de Profesionalidade, cales son os requisitos de acceso (niveis), como poden facer todas aquelas persoas que teñen experiencia no mundo laboral, sen embargo, non poseen a titulación, como facer para acreditar as competencias mediante a experiencia profesional,…. En todo o comentado anteriormente, non debemos confundir que estamos a falar da Consellería de Traballo (Certificacións) e non de Educación (Títulos)


Tema 4: Política social e de emprego na unión Europea

A política social e de emprego na Unión Europea, Institucións e Organismos comunitarios en materia de emprego, a rede EURES, os Fondos Estructurais (FSE), o Fondo Europeo de adaptación á globalización (FEAG), Programa Progress.

Na contorna de crise na que se está a vivir, unha parte importante da poboación plantexase emigrar a outros países, e unha das fórmulas máis coñecidas para os mozos, por exemplo, é a rede EURES. Ademais, unha das liberdades que gozan os cidadáns da Unión Europea é a libre circulación dos traballadores, que inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o dereito de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro, polo que é conveniente informarse do que nos podemos atopar noutros países dado que non existe barreiras neste tipo de información.


Tema 5: A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Emprendemento e beneficios sociais da creación de empresas, a idea de empresa e a validación desa idea, a persoa emprendedora, o plan de empresa, definición contidos e utilidade deste son algún dos puntos vistos neste tema.

Cando estamos nunha situación de desemprego, case nunca pensamos en emprender, en que coa nosa acción emprendedora podemos crear emprego, e non só para nos mesmos, senón de cara a terceiras persoas. Pero para emprender, nestes intres, as cousas non son tan fáciles, xa que non resulta tan doado atopar unha idea creativa para levala á practica, e inda así, se atopas unha idea creativa que poida ser viable, pode que non che concedan a financiación, … co cal parece que o emprendemento, lexos de poder ser accesible, resulta ser unha carreira de obstáculos onde esas ganas por ver o teu propio negocio, por ver esa ilusión se transforma pouco a pouco en desánimo e desilusión.

Para rematar, mediante Tagxedo as palabras que redundan na miña cabeza despois de rematar este primeiro módulo


No hay comentarios:

Publicar un comentario